Rafael Balado Merino

 

C:\Users\rodica\AppData\Local\Temp\RAFA FOTO.JPG

 

 

(España)

 

 

Baixabades

Aos marcos do verán

Ao goberno

Dos corpos e da herba

Para asolagardes o arrecendo de pozos e formas

Atal un cofre

De días

 

Había un encoro

Unha estraña éxtase

No dioivo

 

Había nais

Que parían

Corvos

 

 

Á garupa

Dunha illa de borralla

Apareciades

Retendo cervas

 

E falabádeslle

Da fronteira e da gándara

 

E camiñabades

Bermas no regreso

 

No aire

Coma sempre

Prendía un espello

 

E todo era

Entón

Un río inesquecible

 

Estaba próxima a illa

Para alagardes cabelos

E incendiardes as fontes

 

E acibabades

A luz da neve

 

Todo aquilo

Que movía a herba

Dentro do lombo de vento

 

 

Víasevos percorrer a brétema

Coma se empuñasedes cinza

Coma se alimentasedes no pranto

A renuncia do inverno

Unha becha

 

Víasevos peneirar abrochos á marxe das correntes

Oceánicas

E a disolución do tempo levedar nas vosas agras

Coa paixón

Dun óxido

 

Víasevos recuar no lume

 

 

Ás veces

aviades furnas

E queriades estomballar

Poldros tristes

Horas luídas

No seu interior

Ávidos

De que as furnas

Vos esgazasen

A sombra

Nun remanso

 

Outras veces

Diluiades cuspe

E xullo

Tornaba un alxibe

Que urdía as mouteiras

Nas que se xebraban pontes

Cara ás illas

 

 

Ancorabades palabras

Fluxos albos e infinitos

Comarcas que ventaban a perda de paxaros

O resío irreparable

A ilación de ríos e sombra

 

No calveiro de estardes a las

Recolliades un monllo disforme de brétema

E un espello

Aberto de espadas

A descomposición absoluta de aneis

 

A nave que fería

A cerna da neve

Un tempo circular e liso

Coma a samborca

 

 

Coa estrañeza do boedo sentiades

Laiarse o arruallo da edra

Que anoaba gavelas

Baixo os pés de égoas de cinza

Coma deusas esparexidas coa derrota

E cervas antigas que se perdían

No abismo

 

Entremedias dun río que ama

 

Baixo os pés de égoas de cinza

Sentiades a fluencia incontestabale da auga

Unha iluminación de ourizos

Que tremelaba

Coma un ocaso

 

Medrar a herba

E o sono das campías

Coma unha ave voraz

Abatida polos regos das dedas

Que non movían

A superficie alucinada de horas

Ou un óvulo pedregullo

Que progredía cara ás illas

 

 

 

 

 

(Sárdoma, Vigo, 1974) é afiliado da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT),  militante da Frente Popular Galega (FPG), e membro da asociación cultural de intervención social Redes Escarlata coa que participa en recitais.

Articles similaires

Tags

Partager