François Davo

 

C:\Users\rodica\AppData\Local\Temp\DAVO FOTO.JPG

 

 

(France- España)

 

 

Encontros/desencontros

 

Escoitas o rumor da erosión

como un papel de seda enrugado

nas súa veas aprendes a ler

a poda da alma.

o otouno faise lento no rencher dos bacelos.

un bater de ás por sorpresa

é unha fala –

tras o abraio

acollo o declive da sinfonía

de nomearte

do teu nome prohibido

na  miña boca a masticar cristais.

o crepúsculo esgótanos

e tamén as follas dos coitelos impacientes

a acariciar o talo das flores máis belas

a dos velenos necesarios.

é sempre esa violencia pérfida

do que se escorrega

no medio de soños opacos

de violetas esmagadas pola dor consentida

de nós a atraizoarmos, a atraizoarnos

a debullarnos no limiar

entre a amizade última de árbores areladas.

Si: nós, aquí e sempre,

ficamos

a aprendermos a mentir

 

 

Evocacións da muller salvaxe danzando na pedra do dolmen de Axeitos

 

1

 

Escoito

non sei non escoitar

o que xorde como dun tambor incesante

o latexo

da muller na faz do dolmen

o bafo

da muller no lago do tempo

nai da nai

rocha  primitiva da rocha perpetua

segredo do segredo

no enigma revelado ao revés

sexo do sexo e parto do inicio

velaquí está

sempre espida

vestida sempre

como unha árbore

na danza do cervo

no paso de chumbo do cabalo primeiro

coa ofrenda da humanidade arelada

co tremer das sombras

do noso corazón aceso

velaquí

a gardiana do limiar

do senso do rumor do bosque

antes -como non-

sempre antes do país

antes do nome

antes da guerra

nas faíscas do mundo habitado

 

 

3

 

Tiven o meu niño na boca dunha deusa antiga

teño ese arrecendo a vermello

que vos di que son real

como esa besta tatuada no fondo do ollo da fame universal.

A fala é verde petróleo onde

o bosque é un enfado.

Se caio

fóra do mundo habitado

aprenderei a única traizón

a danza rota

a desercion de nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

____________________________________________

 

Milpedras: litografía, música e poesía

 

 

RECITAL IN MILPEDRAS:

http://bambuser.com/channel/Algueirada/broadcast/1564918

 

Articles similaires

Tags

Partager